Os traballadores/as de ambulancias Emersan Galicia iniciarán folga indefinida a partir do 14 de decembro

Contra a política disciplinaria e os reiterados incumprimentos en materia de prevención de riscos e das condicións estipuladas na contrata co Sergas. A FGAMT-CIG vén de comunicar que a partir do vindeiro 14 de decembro, os traballadores e traballadoras de ambulancias EMERSAN Galicia iniciarán unha folga indefinida en contra da política disciplinaria practicada pola empresa.

Fonte: CIG