Ocupación das oficinas de emprego

A coincidiren coa xornada europea de resposta ás medidas da burguesía, o sindicato CIG levou a cabo o día 15 ocupacións das oficinas de emprego das cidades e principais vilas do país: Ferrol, A Coruña, Vigo, Lugo, Compostela, Pontevedra, Burela, Carballo e Ourense (nesta última, houbo unha concentración diante da Subdelegación do Goberno). Estas accións foron precedidas por asembleas de delegadas e delegados sindicais.

A CIG encadra esta xornada de loita dentro do proceso de preparación dunha nova Folga Xeral.

En ningunha das ocupacións houbo incidentes maiores, á marxe das habituais identificacións policiais. En Ferrol, a ocupación estendeuse até aproximadamente as 6 do serán. Precisamente desta última cidade son as imaxes seguintes.