Uns 1500 delegados da CIG marchan en Compostela


Este 3 de novembro, ao redor duns 1500 delegados da CIG participarón nunha manifestación polas rúas de Compostela para protestaren polas políticas dos gobernos da Xunta e do Estado. A CIG confirmou que, con CCOO e UGT ou sen elas, convocará un paro xeral contra a reforma das pensións antes de que se aprobe.