Readmitida a traballadora do servizo de limpeza de Ourense após 6 días de folga

O Comité de Empresa de Ecourense finalizaba a folga este 5 de outubro, despois de 6 días de loita, ante o compromiso da empresa de readmitir a traballadora nas mesmas condicións que tiña. A empresa tamén vai retirar a demanda interposta contra o laudo arbitral referido ás eleccións sindicais, polo que Adelina Basteiro encabezará a candidatura da CIG nas próximas eleccións.

A folga, que foi secundada por todo o persoal, demostrouse como unha efectiva ferramenta dos traballadores/as para a defensa dos seus postos de traballo.