Os traballadores/as do Centro Souto de Leixa continúan o seu peche e preparan mobilizacións

Continúa o peche que as traballadoras e traballadores do Centro Souto de Leixa encetaron o día 4 deste mes no Concello de Ferrol. Están a loitar pola defensa dos seus postos de traballo e pola defensa duns servizos públicos de calidades para os usuarios. Os procesos de privatización que o goberno da Xunta de Galiza está a levar a cabo, poñen en perigo campos tan cruciais como a atención socio-sanitaria.

Xa hai dúas manifestacións convocadas; o 17 en Compostela e o 20 en Ferrol (saída ás 12 desde O Inferniño).

NON Á POLÍTICA DE PRIVATIZACIÓNS
NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS