O 26 de novembro folga dos traballadores/as de Tranvías de Ferrol

A Asemblea de traballadores/as de Tranvías de Ferrol realizará unha folga o 26 de novembro para esixir unha solución á “caótica situación” en que se atopa o servizo de autobuses e reclamar a elaboración da avaliación de riscos laborais que comparte o cambio permanente nas paradas debido ás obras. A folga, que comezará ás 12 e rematará ás 18: horas, afectará a todo o persoal.