Mensaxe de Solidariedade da PAME ás 33 desempregadas que están pechadas nunha mina de Chile

Secretariado das Mulleres – PAME
19/11/10

O Secretariado das Mulleres da PAME envía unha mensaxe de apoio e solidariedade ás 33 desempregadas que, pechadas nunha mina de Chile, están realizando unha folga de fame e loitan decisivamente polo seu dereito ao traballo.

A loita por traballo estábel con dereitos para todos debe ser unha loita de todos os sindicatos de clase e tamén a loita pola abolición da explotación do home polo home.

Pola abolición da explotación múltiple que viven as mulleres traballadoras pola barbarie capitalista e imperialista.

Compañeiras, desexámoslles que a súa loita sexa vitoriosa.