Manifestación nacional de delegados/as da CIG, o día 3 de novembro en Compostela

A CIG ten convocada, para o vindeiro mércores día 3 de novembro, unha manifestación nacional de delegados/as que sairá ás 11:00 horas de San Lázaro e marchará até a Xunta de Galiza. A manifestación convócase para demandar a retirada da reforma laboral, aprobada no mes de xuño, para frear as propostas de reforma das pensións e da negociación colectiva e contra os orzamentos presentados pola Xunta de Galiza. Uns orzamentos regresivos nos que cae o capítulo de investimentos e nos que se favorece a progresiva privatización dos servizos públicos.
Fonte: CIG