Irlanda: Masiva manifestación contra as medidas da UE e o FMI

Este sábado 27 de novembro, tivo lugar unha grande manifestación convocada polo Congreso Irlandés de Sindicatos. Milleiros de persoas (entre 50.000 e 100.000 segundo a fonte) marcharon polas rúas de Dublín amosando o seu rexeitamento ao control do goberno por parte da Unión Europea e o Fondo Monetario Internacional. Organizacións sindicais, partidos políticos, agrupacións de pensionistas, asociacións veciñais tomaron parte nesta masiva mobilización.