Folga indefinida en Mármoles de Baztan (Euskal Herria) contra o ERE presentado pola empresa

Información proporcionada por LAB

A empresa Mármoles del Baztan, S.A., situada na vila de Oronoz-Mugaire do val do Baztan (Navarroa)

Primeiro despediu a 7 traballadores, despois aplicou un ERE de suspensión. Neste ERE a empresa comprometeuse a non despedir a ningún traballador/a mentres durase o ERE, e catro meses despois presenta 17 despedimentos.

Os traballadores/as denuncian que, por unha banda, a empresa non cumpriu co comprometido, e que, por outra, non admitirán ningún despedimento despois de anos de pésima xestión por parte da empresa.