4 de novembro, manifestación dos traballadores da Factoría Vulcano

Convocados polas centrais sindicais CCOO, UGT e CIG, o conxunto de traballadores da Factoría Vulcano de Vigo participarán nunha manifestación con saída ás 19:30 horas da propia factoría e remate nas inmediacións do edifico da Xunta na Praza da Estrela. Os traballadores da factoría reclaman solucións á decisión de PYMAR de non concederlle un aval de máis de 4 millóns de euros á factoría que traerá consigo o peche da factoría. Fan extensible a manifestación á defensa do sector naval no seu conxunto e á perda de postos de traballo no sector.