En nome da liberdade, da paz e da verdade, contra o fascismo
e a guerra
A vitoria sobre o nazi-fascismo na Segunda Guerra Mundial,
constitúe un acontecemento álxido da Historia, cuxa memoria é necesario
preservar e defender ante reiterados intentos de falsificación histórica, que o
que perseguen é que se esqueza o papel determinante que desempeñaron a Unión de
Repúblicas Socialistas Soviéticas, os comunistas e antifascistas de todo o
mundo.
Xerado polo capitalismo, o nazi-fascismo foi a expresión máis
terrorista do capital monopolista. Foi responsable polo desencadeamento desa
guerra de agresión e rapina que provocou preto de 75 millóns de mortos, dos
cales case 27 millóns de cidadáns soviéticos, numerosos sufrimentos e o horror
dos campos de concentración nazis. Os pobos non poden igualmente esquecer,
páxinas negras como os bombardeos atómicos de Hiroshima e Nagasaki por parte da
EE. UU., sen xustificación militar, que representaron unha demostración do seu
poderío e obxectivos hexemónicos a nivel mundial.
A Segunda Guerra Mundial (1939-1945), foi o resultado do
agravamento das contradicións inter-imperialistas e, simultaneamente, do
obxectivo de destrución do primeiro Estado socialista, a URSS, expresado,
particularmente, no apoio e connivencia do Reino Unido, Francia e EE. UU. co
rearmamento e ambición expansionista da Alemaña nazi.
Celebrando o 75º Aniversario da Vitoria no histórico día 9 de
Maio de 1945, os partidos comunistas e obreiros que asinan este documento,
convencidos de que interpretan os sentimentos e desexos dos traballadores e dos
pobos do mundo:
-
Renden homenaxe a todos os que entregaron a súa
vida nos campos de batalla contra as hordas nazi-fascistas e especialmente aos
heroicos resistentes e combatentes antifascistas e aos heroicos pobo soviético
e Exército Vermello, dirixidos polo Partido Comunista, cuxa participación,
escrita en páxinas heroicas como as batallas de Moscova, Leningrado ou
Stalingrado, foi decisiva para a Vitoria sobre a barbarie.
-
Consideran que a Vitoria sobre a Alemaña nazi e
os seus aliados do Pacto Anti-Komintern, foi acadada grazas á contribución
decisiva da URSS, á natureza de clase do poder soviético, coa participación das
masas populares, ao papel dirixente do Partido Comunista, á superioridade
demostrada polo sistema socialista. Esta vitoria constitúe un enorme legado
histórico do movemento revolucionario.
-
Valoran os avances extraordinarios no proceso de
emancipación social e nacional dos traballadores e dos pobos que a Vitoria e o
avance das forzas de progreso social e da paz posibilitaron, co alongamento do
campo dos países socialistas a Europa, Asia e América Latina, as conquistas do
movemento obreiro nos países capitalistas, o impetuoso desenvolvemento do
movemento de liberación nacional e a consecuente liquidación dos imperios
coloniais.
-
Denuncian e condenan as campañas que tentan
diminuír, distorsionar e negar o papel da URSS e dos comunistas na derrota do
nazi-fascismo e, ademais, mesmo culpar inxusta e falsamente á Unión Soviética
polo inicio da Segunda Guerra Mundial, apagar as responsabilidades do gran
capital (e dos gobernos ao seu servizo), na promoción e ascensión do fascismo e
no desencadear da guerra, e blanquear e rehabilitar o fascismo, ao mesmo tempo
que destrúen os monumentos e a memoria do Exército soviético liberador,
promoven o anticomunismo e criminalizan aos comunistas e a outros
antifascistas.
-
Denuncian e condenan as resolucións anticomunistas
da UE e o intento de falsificación histórica e calumniosa de equiparar o
socialismo ao monstro do fascismo.
-
Alertan que o imperialismo aposta cada vez máis
polo fascismo e pola guerra como “saída” para a profundización da crise do
sistema capitalista, cuxo carácter inhumano se volve particularmente evidente
cando, ante o gravísimo brote epidémico do Covid-19, o imperialismo, os EE.
UU., a OTAN, a UE e potencias capitalistas aliadas súas, continúan cunha
criminal política de bloqueos e agresións contra países e pobos.
-
Consideran que a loita pola paz, polo progreso
social e polo socialismo son inseparables; e comprométense a contribuír para o
fortalecemento da acción común da clase obreira, dos traballadores e dos pobos
de todo o mundo, das forzas políticas interesadas en parar o camiño ao fascismo
e na loita contra o imperialismo, as agresións imperialistas e unha nova guerra
de tráxicas proporcións.
A situación coa que os traballadores e os pobos do mundo se
enfrontan, salienta a importancia de reforzar a loita antiimperialista, pola
soberanía dos pobos e a independencia dos Estados, polos dereitos dos
traballadores e dos pobos, no camiño da superación revolucionaria do sistema
capitalista, que xera o fascismo, a guerra, inxustizas, perigos e contradicións
na actualidade. Tal e como sucedeu hai 75 anos atrás, é a loita dos comunistas
e de todos os que enfrontan a explotación e opresión capitalistas a que abrirá
camiños de futuro para a Humanidade.
LISTA ACTUALIZADA DE PARTIDOS QUE SUBSCRIBEN
Partido Comunista de Armenia
Partido Comunista de Australia
Partido do Traballo de Austria
Partido Comunista de Bangladés
Partido Comunista de Bielorrusia
Partido Comunista de Bélxica
Partido Comunista do Brasil
Partido Comunista de Gran Bretaña
Novo Partido Comunista de Gran Bretaña
Partido Comunista de Canadá
Partido Comunista de Chile
Partido Comunista Colombiano
Partido Socialista Obreiro de Croacia
Partido Comunista de Cuba
Partido Comunista de Bohemia e Moravia
Partido Progresista do Pobo Traballador - AKEL
Partido Comunista en Dinamarca
Partido Comunista Exipcio
Partido Comunista de Finlandia
Partido Comunista Francés
Polo de Renacemento Comunista en Francia
Partido Comunista Unificado de Xeorxia
Partido Comunista Alemán
Partido Comunista de Grecia
Partido Obreiro Húngaro
Partido Comunista de India (Marxista)
Partido Comunista de India
Partido Tudeh de Irán
Partido Comunista Iraquí
Partido Comunista de Irlanda
Partido Comunista de Israel
Partido Comunista Italiano
Partido da Refundación Comunista - Esquerda Europea (Italia)
Partido do Traballo de Corea
Partido Comunista de Luxemburgo
Partido Comunista de Malta
Partido Popular Socialista - Asociación Política Nacional
(México)
Partido Comunista de México
Novo Partido Comunista dos Países Baixos
Novo Partido Comunista de Aotearoa (Nova Zelandia)
Partido Comunista de Macedonia
Partido Comunista de Noruega
Partido Comunista de Paquistán
Partido Comunista Palestino
Partido Comunista Paraguaio
Partido Comunista Peruano
Partido Comunista Filipino (PKP - 1930)
Partido Comunista Portugués
Partido Comunista da Federación Rusa
Unión de Partidos Comunistas - PCUS
Partido Comunista da Unión Soviética
Novo Partido Comunista de Iugoslavia
Comunistas de Serbia
Partido Comunista Surafricano
Partido Comunista de España
Partido Comunista dos Pobos de España
Comunistes de Catalunya
Unión do Povo Galego
Partido Comunista dos Traballadores de España
Bloque Nacionalista Galego
Partido Comunista de Sri Lanka
Partido Comunista Sudanés
Partido Comunista de Suazilandia
Partido Comunista (Suíza)
Partido Comunista Sirio
Partido Comunista de Turquía
Partido Comunista de Ucraína
Partido Comunista da EE.UU.
Partido Comunista de Venezuela