Sobre a Gran Vitoria Antifascista dos Pobos


A Iniciativa Comunista Europea envía saúdos militantes aos pobos de Europa no aniversario da Gran Vitoria Antifascista dos Pobos!

A verdade histórica non pode ser distorsionada nin borrada.

A gran resistencia do pobo soviético contra a Alemaña nazi, que foi promocionada entón como invencible, e os seus aliados en Europa acabou co esmagamento e a rendición incondicional do fascismo. O 9 de maio está gravado na historia como o día en que o Exército Vermello, ao izar a bandeira vermella coa fouce e o martelo sobre o Reichstag, completou a maior vitoria dos pobos contra o fascismo. É o día que sinalou o fin da Segunda Guerra Mundial en Europa.

En novembro de 1936, Xapón e a Alemaña fascista asinaron un acordo anti-comunista (o Pacto Anti-Comintern). No período de 1939 a 1941 os exércitos fascistas alemáns, á procura do desexo nazi da dominación mundial, ocuparon Polonia, Dinamarca, Bélxica, Holanda, Noruega, Francia, Grecia e Iugoslavia. Mentres que a destrución da Unión Soviética era un obxectivo declarado da Alemaña nazi, todas as potencias capitalistas eran hostís á URSS e aos logros do poder socialista.

En xuño de 1941, a Alemaña fascista atacou á Unión Soviética. Nas primeiras dúas semanas os fascistas penetraron moito en territorio soviético capturando Lituania, Letonia e unha parte considerable de Bielorrusia, Ucraína e Moldavia. O pobo soviético, dirixido polo Partido Comunista da Unión Soviética, mobilizou todos os recursos á súa disposición para repeler ao inimigo e derrotar o fascismo. A petición do PCUS e do goberno soviético, centos de miles de cidadáns soviéticos ingresaron nas filas do Exército Vermello. Nas amargas batallas defensivas no verán de 1941, as forzas soviéticas defenderon heroicamente a súa patria. A loita da URSS fíxose unha parte crítica da loita dos pobos de Europa e o mundo contra a agresión fascista. A heroica defensa de Stalingrado, a derrota das forzas fascistas na batalla de Kursk e as heroicas accións dos partisanos comunistas fixeron cachizas a resolución dos fascistas.

O 30 de abril Hitler suicidouse ante unha derrota segura. Ao día seguinte, o 1 de maio de 1945, a bandeira vermella da vitoria, blasonada coa fouce e o martelo, ondeaba sobre o Reichstag: un símbolo emblemático do papel decisivo da URSS na derrota do fascismo. A Alemaña nazi rendeuse ao día seguinte e nos días posteriores o alto mando nazi asinou os instrumentos de rendición. O 9 de maio, as forzas soviéticas destruíron o grupo operativo nazi que rodeaba Praga e Alemaña, que se rendeu sen condicións. A vitoria era segura, o fascismo foi decisivamente derrotado, os países e os pobos foron liberados da opresión fascista e restaurouse a paz en Europa.

A enteireza e a capacidade de loita da Unión Soviética foi resultado do seu carácter socialista, a súa economía centralizada e planificada cientificamente co pobo tendo a propiedade da riqueza que producía.

O 12 de xaneiro de 1945 o Exército Vermello lanzou a súa ofensiva final ao longo dunha fronte que se estendía desde o mar Báltico aos Cárpatos. A ofensiva desenvolveuse a un ritmo alto. Os nazis levaron a todas as forzas dispoñibles para a defensa de Berlín. Berlín converteuse no escenario dunha batalla transcendental na que as forzas soviéticas ao avance tomaron a cidade, rúa por rúa e casa por casa.

A agresión fascista fora confrontada e destruída. Isto conseguírono a Unión Soviética e os seus aliados, incluíndo a resistencia antifascista na Europa ocupada polo fascismo. Con todo, é importante recoñecer e lembrar o papel decisivo do Exército Vermello, a Unión Soviética e o seu pobo na derrota do fascismo. A Unión Soviética perdeu máis de 20 millóns de cidadáns, 25 millóns perderon os seus fogares, destruíronse 1.700 cidades, 70.000 pobos e 31.850 empresas industriais. Máis de 2 millóns de membros do Partido Comunista soviético foron asasinados na acción ou en operacións de guerrilla ou na loita clandestina. A derrota do fascismo alemán e o militarismo xaponés abriu o camiño da revolución e liberación socialistas a través de Europa e o mundo.

A incesante ofensiva do capital e os perigosos acontecementos na OTAN, a Unión Europea e a EE.UU. xunto coa agudización das rivalidades inter-imperialistas seguen subliñando a sempre presente ameaza do fascismo e a guerra imperialista.

Á difamatoria ofensiva anti-comunista que busca borrar a verdade histórica non se lle permitirá vencer. A liberación de Europa e o mundo non pode separarse do papel histórico do primeiro estado socialista do mundo, o seu pobo e os millóns de comunistas que sacrificaron as súas vidas e contribuíron decisivamente á derrota do nazismo e o fascismo.

A Iniciativa Comunista Europea revela e condena o intento sistemático da UE de borrar a Gran Vitoria Antifascista dos Pobos da memoria histórica e a conciencia dos pobos ao converter o 9 de maio no “día de Europa”; loitando con decisión contra o anti-comunismo e a identificación anti-histórica do comunismo co monstro do fascismo que a UE e os seus gobernos buscan establecer. A distorsión da historia, que se usa como ferramenta de diseminación do anti-comunismo, e os sermóns anti-históricos, en especial para a mocidade, non pasarán. Condenamos a política da UE que fomenta as persecucións anti-comunistas, a prohibición das actividades dos Partidos Comunistas e os símbolos comunistas, a destrución de memoriais dedicados aos comunistas e antifascistas como aqueles que están en proceso en Polonia, Ucraína e os estados bálticos, a provocadora rendición de honras e pagos de pensións aos nazis e os seus descendentes, etc. Expresamos a nosa completa solidariedade cos cadros do PC de Polonia, que de novo serán xulgados o 15 de maio polas autoridades polacas, a pesar da súa absolución hai 3 meses. Non conseguirán pór obstáculos á propagación das ideas comunistas.

O racismo, o fascismo e a ultradereita son formas de xestionar o capitalismo, a ditadura do capital. Estas correntes reaccionarias están alimentadas polas políticas anti-populares da UE, as guerras que libra, a súa política contra os inmigrantes e refuxiados, o anti-comunismo e a igualación anti-histórica do comunismo co fascismo, sendo todo isto os seus “valores fundacionais”. Son alimentados e difundidos polo propio capitalismo, o sistema ao que serven a UE e os partidos burgueses. Por iso a socialdemocracia –a vella e a nova–, forzas burguesas que apoian e defenden a UE, tentan enganar aos pobos na campaña das eleccións europeas presentándose como supostamente “progresistas”.

Pero o que é realmente progresista é a liña política dos PP.CC., a súa loita contra a UE, a loita de clases e a devoción dos comunistas na organización desta loita. Como mostrou a historia, os comunistas son coherentes, opoñentes inquebrantábeis e eficaces contra o fascismo e ao sistema que o alimenta. Por esta razón, os pobos na campaña ás eleccións europeas poden fortalecer decisivamente aos Partidos Comunistas que loitan contra a UE e contra as unións imperialistas en xeral. O fortalecemento dos PP.CC. en cada batalla política contribúe ao desenvolvemento das loitas dos pobos.

Chamamos aos pobos a debilitar as forzas que apoian á UE de calquera forma e cultivan ilusións sobre que se pode arranxar” a UE.

NON á UE dos monopolios, o capital e as guerras!
Adiante por unha Europa de prosperidade dos pobos, de paz, de xustiza social e de dereitos democráticos, de socialismo!
Viva o 9 de maio – O DÍA DA GRAN VITORIA ANTIFASCISTA DOS POBOS.

Fonte: PCTE
Tradución: Revista FORXA