O pasado 7 de
xullo desenvolveuse en Santiago de Compostela a Vª Conferencia Nacional do
Partido na Galiza, baixo o lema “Construíndo o Partido”. Asisitiron delegados e
delegadas de cada unha das nosas células, así como militantes, simpatizantes e
significados militantes sindicais e membros de comités de empresa convidados,
xunto cunha representación dos Colectivos da Mocidade Comunista.
A militancia e
o conxunto dos asistentes puideron debater ao longo do día os documentos e
resolucións que van servir de guía á nosa organización na Galiza, para levar á
práctica as orientacións xerais do XI Congreso do PCPE, adecuándoas á nosa
realidade concreta. O debate foi fructífero, realizándose un construtivo
esforzo de síntese que permitiu enriquecer os documentos con importantes
achegas das células do Partido e dos CMC.
A Conferencia
elixiu finalmente o Comité Nacional, designándose a camarada Marina Quintillán
como Secretaria Política dun novo Comité que terá como tarefa prioritaria a
posta en práctica do xiro obreiro do Partido nas condicións da nosa realidade
nacional.