A
reforma da Lei Galega de Saúde vén agravar a situación xa deplorábel do noso
sistema sanitario.
Sabemos
que a escusa de que o sector público "non é eficiente", é falsa.
Rotundamente falsa!! A diminución de eficiencia dos servizos públicos está
directamente vinculada á penetración das empresas privadas e dos criterios de
mercado no seu funcionamento.
Con
estas novas modificacións legais, o que busca a Xunta é acelerar o actual
proceso de desmantelamento da sanidade pública mediante recortes que asfixian os
seus orzamentos, mediante a súa privatización paso a paso, e coa
mercantilización crecente de toda a atención sanitaria.
Supresión
de camas, supresión de servizos, supresión de áreas sanitarias que atendían á
poboación máis preto do lugar de residencia, derivando os pacientes ao
"quinto inferno"... Eliminación de prazas de persoal sanitario,
habendo milleiros de profesionais no paro... Colapso das Urxencias, esperas
abusivas, listas que xa se fan eternas...
Cantos
tormentos e sufrimentos ten que padecer o pobo traballador para que un puñado
de capitalistas enchan (aínda máis!!!) os seus petos???
Non
hai diñeiro para atender decentemente (e gratuitamente) os nosos corpos
enfermos? Pero si hai cartos abondo para "rescatar" os bancos, e para
aumentar nun 73% o gasto militar español, e para despregar unidades militares,
coa OTAN, nas fronteiras de Rusia!!
Dende
Comunistas da Galiza-PCPE denunciamos un sistema que somete as necesidades do
pobo ao lucro das empresas.
Opoñémonos
frontalmente a todos estes pasos criminais que fan do coidado da nosa saúde
unha oportunidade de negocio, un nicho de mercado.

Dicindo
"NON Á PRIVATIZACIÓN", dicimos SI a orzamentos decentes, SI a un
servizo sanitario público digno, gratuíto e universal. Que dea traballo aos e
ás profesionais en paro, e condicións laborais dignas a aqueles e aquelas que
sofren hoxe precariedade e sobre-explotación.
As e os
comunistas reivindicamos que non sexa preciso ser rico para
"permitirse" enfermar.
Traballadora,
traballador:
Defendamos
os nosos dereitos, os nosos servizos públicos.
Rexeitemos
a sanidade-negocio por excluínte, clasista e prexudicial para a saúde do pobo
traballador.
FÓRA
AS MANS DO CAPITAL DA NOSA SAÚDE!