As e os comunistas,
organizados nos Colectivos da Mocidade Comunista (CMC) e en Comunistas da Galiza-PCPE,
fixemos un chamado á clase obreira -en particular- e a todos os traballadores e
traballadoras -en xeral-, a participar nas mobilizacións convocadas con motivo do
1º de Maio. Unha data que se cadra este ano tiña un carácter un tanto especial
ao cumprirse 100 anos da gloriosa Revolución Bolxevique.
O eixo proletario Ferrol-Vigo
foi o elixido para que as nosas organizacións conformaran bloques comunistas,
aínda que certamente outras cidades ou vilas da Galiza tamén contaran con
presenza comunista, nomeadamente A Estrada.
A continuación aportamos un
par de crónicas da nosa participación nestas mobilizacións, acompañadas dunhas mostras
fotográficas:
Desde Vigo Obreiro:
O 1º de maio é un día de referencia
na loita sindical na comarca viguesa.
Dada a importancia que ten
como referente industrial, celebráronse aquí os actos centrais a nivel galego
dos principais sindicatos.
Tanto os CMC coma Comunistas
da Galiza-PCPE, asistimos á manifestación da CIG conformando nela un gran
bloque comunista.
Esta mobilización foi a máis
maioritaria, comezando ás 12:00 horas, e percorrendo as rúas de Vigo desde o
popular barrio do Calvario até a Porta do Sol.
O bloque comunista, co lema
“Un país para a clase obreira” na cabeceira, situouse xunto aos bloques
sectoriais obreiros conseguindo así que durante a maior parte da mobilización
se coreasen as súas consignas, a mensaxe de unidade sindical e a necesidade de
reactivar as loitas obreiras coma medida efectiva contra a reforma laboral, o
desemprego ou a precarización do traballo que sofren as clases traballadoras.
Alén disto, desde Comunistas
da Galiza e os CMC enviouse unha delegación dirixida por A.R., responsábel de
Movemento Obreiro e Sindical dos CMC, á mobilización organizada por CCOO e UXT
desfilando xunto ao bloque xuvenil de CCOO para así mellorar as relacións
existentes entre os sindicatos e o Partido Comunista o cal -sen dúbida-posibilitará
unha mellor coordinación entre ámbolos dous en futuras loitas obreiras.
Desde Ferrol Obreiro:
Un ano máis, as e os
comunistas do PCPE saímos ás rúas de Ferrol para conmemorar coa nosa clase un Primeiro
de Maio de loita e de reivindicación, máis necesaria hoxe que nunca.
A xornada comezou cun reparto
de octavillas e a pegada de carteis da campaña central do partido para este 1º
de Maio.
Posteriormente, incorporámonos
á manifestación convocada pola central sindical CCOO nun sólido bloque
caracterizado polas nosas bandeiras vermellas.

“Loitar, crear, Poder
Obreiro, Poder Popular!” ou -dándolle a volta á vella consigna- "Si pode
ser, si pode ser: Corruptos na cadea e Obreiros ao poder", ademais da xa clásica
"Fóra do euro, da OTAN e da Unión", foron algunhas das consignas máis
empregadas durante o transcurso da manifestación.
A xornada rematou co canto da
Internacional.
Mostas fotográficas:
É hora de tomar Partido!!
Contacta connosco escribindo a comunistasdagaliza@gmail.com
Únete ao Partido Comunista!!