Compartimos o comunicado da FSM sobre o Día Internacional da Muller Traballadora
(8 de Marzo do 2017)
Baixo a lema:
“MULLER TRABALLADORA SEMPRE EN PRIMEIRA LIÑA
DAS LOITAS SOCIAIS E DA VIDA E ACCIÓN DA FSM”
A Federación Sindical Mundial por un ano máis
honra o aniversario do 8 de marzo 2017, 160 anos despois do levantamento das
obreiras en Nova York, esixindo mellores condicións de traballo, igualdade e
unha vida con dereitos.
Enviamos os nosos máis calorosos saúdos a
todas as mulleres sindicalistas que seguen a loita destas mulleres pioneiras,
dentro do seo do movemento sindical clasista e da FSM, e felicitámolas pola súa
audacia e a súa acción militante. Saudamos ás mulleres traballadoras en todo o
mundo, ás mulleres dos estratos populares pobres, esforzándose cada día por
sobrevivir e soster ás súas familias. Saudamos ás mulleres inmigrantes e
refuxiadas, que deixaron os seus países debido ás guerras imperialistas.
Dende a súa fundación até hoxe, a FSM apoiou
firmemente á muller traballadora mediante varias actividades e iniciativas.
Sempre subliñou os problemas específicos cos que están enfrontadas as mulleres,
como un grupo social máis afectado pola agresión do sistema capitalista,
explotación, intervencións imperialistas. Tales problemas son a falta do
necesario apoio social pola maternidade, os salarios máis baixos, as formas de
emprego máis flexíbeis, as discriminacións no mercado laboral e a falta do
lecer que xeralmente impide a participación nas actividades sindicais. Ademais,
a miúdo a muller traballadora é vítima de violencia patronal e de presións
racistas. As mulleres inmigrantes e as refuxiadas sofren varias presións e
discriminacións que ocorren na súa contra.
A situación e posición da muller traballadora empeora
aínda máis na recesión e crise económica que están a sufrir os traballadores nos
últimos anos case en todo o mundo. A maioría das veces, a muller traballadora
padece máis fortemente o desemprego, os recortes salariais e a violación dos
seus dereitos fundamentais.

Queridas compañeiras e compañeiros,
Como movemento sindical clasista, tomemos
iniciativas para incrementar o número e a porcentaxe de mulleres dentro das
administracións dos sindicatos a todos os niveis. Con audacia e plan concreto,
confiemos nas mulleres sindicalistas. A participación das mulleres e da
mocidade traballadora darán un novo impulso á FSM e aos sindicatos militantes.
Chamamos a todos os sindicatos membros e
amigos da FSM a honrar o Día Internacional da Muller Traballadora, a través de
varias actividades e eventos, que demostrarán a necesidade por unha maior
defensa dos dereitos das mulleres traballadoras e por unha reivindicación máis
eficaz de medidas que mellorarán as súas condicións de vida e de traballo.
Fonte: FSM
Traducido ao galego por Comunistas da Galiza-PCPE