
Revista Forxa.- Fálanos das vosas condicións de traballo.
Brendal Bello.- As condicións
de traballo no sector do telemarketing son precarias, e considero que calquera
con dous dedos de frente así debería entendelo.
Estamos a falar dun sector no que a maioría dos
traballadores teñen xornadas parciais e no que abondan as contratacións por
Empresas de Traballo Temporal e os contratos por obra e servizo. Por outra
parte trabállase as fins de semana e os festivos, esíxesenos ter flexibilidade
nos horarios e chegar a obxectivos en moitos casos inacadábeis o que somete a
moitos traballadores a altos niveis de estrés, e todo isto cunha remuneración económica
que non é xusta. Ademais de que os salarios neste sector non son altos nin
moito menos, temos que engadirlle que levamos anos con estes salarios
conxelados.
Revista Forxa.- Que reivindicades?
Brendal Bello.- Reivindicamos que o convenio polo que levamos loitando dende que venceu o convenio anterior o 31 de decembro de 2014 sexa un convenio digno, un convenio xusto, un convenio no que non perdamos poder adquisitivo e co que os traballadores poidan conciliar a súa vida laboral e persoal mellorando as condicións de traballo actuais.
Brendal Bello.- Reivindicamos que o convenio polo que levamos loitando dende que venceu o convenio anterior o 31 de decembro de 2014 sexa un convenio digno, un convenio xusto, un convenio no que non perdamos poder adquisitivo e co que os traballadores poidan conciliar a súa vida laboral e persoal mellorando as condicións de traballo actuais.
Revista Forxa.- Cóntanos das próximas mobilizacións; tedes
calendario previsto?
Brendal Bello.- Por parte de CIG temos prevista unha nova xornada de
folga no sector o día 20 de Febreiro. Non temos calendario previsto xa que esa
mesma semana, o día 23, temos unha nova reunión coa patronal na que esperamos
fagan unha proposta mellor
Revista Forxa.- Houbo avances na mesa de negociación?
Brendal Bello.- Si, a
diferencia doutras reunións nas que se negaban a mellorar as nosas condicións
de traballo, a patronal na última reunión o día 2 de Febreiro deu un paso atrás
nas súas pretensións de recortar condicións e mellorou a súa proposta de suba
salarial, aínda que segue sendo insuficiente xa que aceptar esa proposta
suporía perder poder adquisitivo nos próximos anos.
Revista Forxa.- Como ves o futuro,cres que conseguiredes melloras
importantes nos vosos dereitos como traballadores?
Brendal Bello.- Pois ese futuro polo que me preguntas depende
directamente da negociación deste convenio polo que levamos anos loitando, e
polo que a maioría dos traballadores está facendo un gran esforzo secundando os
paróns e as folgas pese aos salarios tan baixos do sector. O obxectivo é que as
melloras sexan sustanciais tanto a nivel económico como de condicións de
traballo pero como xa sabedes as empresas farán o posíbel para manter os baixos
custos dos centros de chamadas. De todos
modos a miña visión é positiva.
Revista Forxa.- Paréceche que a unidade sindical e a unidade dos
traballadores é necesaria para a defensa dos vosos dereitos?
Brendal Bello.- Si, persoalmente penso que a unidade tanto sindical
como a dos traballadores é algo que axudaría moito a acadar os obxetivos de
forma máis rápida e efectiva. Aínda que en moitas ocasións entre traballadores
e tamén entre os distintos sindicatos os puntos de vista son moi diferentes,
penso que todos temos un obxectivo común que é mellorar as condicións dos
traballadores.
Revista Forxa.- Que podemos facer en solidariedade coa vosa xusta
loita o resto do pobo traballador?
Brendal Bello.- Como traballadores e traballadoras a mellor forma de
solidarizarse é acudindo ás nosas concentracións ou manifestacións nas xornadas
de folga, xa que nos tempos que corren é sabido que para que as empresas
escoiten e respecten os nosos dereitos temos que facernos notar tanto nos
comunicados, como en internet e nas redes sociais, como na rúa.
Revista Forxa.- Algo máis que engadir?
Brendal Bello.- É un gusto para
mín poder falar con persoas que sguen interesándose por todo o pobo traballador
e non só polo que ocorre na súa casa o nos seus traballos. Un saúdo.