Transcribimos a
continuación o texto aprobado polos estudantes da FP de Pontevedra secundando a
xornada de loita do estudantado deste 26 de outubro.
Malia as
deficiencias da convocatoria de folga e mesmo a súa instrumentalización por
quen nunca defendeu os dereitos do estudantado nin da clase obreira, os
alumnas e alumnos da Formación Profesional foron quen de artellar mobilización
en torno ás súas reivindicacións máis acuciantes.
Os centros de Formación
Profesional agrupan estudantado de extracción popular que no inmediato pasarán
a engrosar as fileiras da Mocidade obreira.
ESTUDANTE!
Os representantes
de alumnos do Centro Integrado de Formación Profesional "A
Xunqueira", reunidos en asemblea, acordamos convocar unha xornada de folga
de estudantes no noso centro o vindeiro MÉRCORES 26, no marco da convocatoria
estatal de folga estudantil e de profesorado contra as reválidas.
As reválidas
impostas na educación son unha medida máis no proceso de eliminar a deteriorada
educación pública, convertendo os estudos medios e superiores nun privilexio privado
pra uns poucos, expulsándonos á maioría de estudantes traballadores do ensino.
Tamén a nosa
Formación Profesional, a educación laboral á que nos empurran á xuventude que
abandonamos o ensino medio, aos que non podemos permitirnos os estudos universitarios
e aos que necesitamos traballar, está destinada a ser privatizada ata o punto
no que a formación dependa só das empresas privadas e dos seus intereses.
Malia que a folga
e as distintas concentracións convocáronse dunha forma apresurada e dividida
por intereses políticos, chamámosvos aos estudantes da FP á folga polos nosos intereses
comúns formando asembleas propias, convidando ao profesorado e aos demáis traballadores
a apoiar a folga con unidade sindical, polo futuro e a educación de todos.
- NON ás reválidas, á LOMCE e ao 3+2.
- Prácticas remuneradas ao 100% por convenio laboral e baixo tutela pública.
- Transporte pagado ao estudante pra desprazarse ao centro de estudos.
- Libros de texto e material de formación gratuíto e suficiente.
- Condicións dignas de traballo e incorporación dos profesores., sen saturación de materias e cursos.
- Desmasificación das aulas aumentando o profesorado e os centros.
- Garantía de traballo ao rematar a formación, ou de continuar estudos superiores sen coste para o alumno.
- Habilitación do centro para alumnos con situacións de dependencia XA.
- Queremos o centro de estudos dirixido polos seus traballadores e coa participación democrática dos alumnos.
ESTUDANTES E TRABALLADORES, Á
FOLGA NA FP!
Asemblea de Representantes de Alumnos do CIFP "A XUNQUEIRA"
__________________________

Estas son fotos de arquivo de Comunistas da Galiza-PCPE, dalgún do material elaborado no IES Leixa de Ferrol na folga estudantil do ano pasado.
A que encabeza esta entrada foi realizada nese mesmo centro con motivo da presente folga.
A restante é a octavilla orixinal dos estudantes do Xunqueira.