
Vota comunista
para rematar coa política criminal e bárbara do capital:
Escravitude laboral,
destrución do emprego, dos dereitos básicos, das condicións de traballo e de
vida, vivenda, luz, auga, saúde, alimentación, transporte, educación,
xubilación digna.
Destrución
acelerada do entorno medioambiental, desertización agraria e industrial, emigración forzada.
Así xestionaron e
seguirán xestionando o PP e o PSOE a
crise do capitalismo a favor dos grandes grupos monopolistas e en contra do
pobo traballador.
A clase obreira
non pode tampouco confiar en quen propoñen" reformar" e
"mellorar" o Estado da burguesía nin a UE do capital, institucións
ambas que son ferramentas nas mans dos monopolios.
Institucións que
están aí para asegurar o máximo beneficio privado para uns poucos, mediante a
explotación do pobo traballador, a violencia organizada contra a clase obreira,
o terror e a guerra imperialista de rapina.
Non poderemos
saír da crise capitalista sen rachar coa ditadura do capital. O capitalismo é a
crise.
Ningún dereito
será recuperado sen saír da UE imperialista que liquidou o noso rural, a nosa
pesca, e mantén nunha prolongada agonía o noso naval.
Nada será
recuperado sen saír da súa moeda única, sen saír da OTAN e destinar o
xigantesco gasto militar a satisfacer as necesidades do pobo.
Loitemos por
nacionalizar a banca e os grandes medios de produción e planificar a economía
para satisfacer as necesidades da maioría traballadora.
Hai que unir
todas as frontes de loita nunha Fronte única que, baixo un Programa obreiro e
popular, loite de maneira sostida e unificada co obxectivo do Poder obreiro
para construír unha sociedade sen amos nin escravos, de homes e mulleres
libres: o Socialismo.
O voto comunista
é a clase obreira votándose a si mesma, votando un programa que só a súa loita
fará posíbel e que se corresponde cos seus intereses obxectivos.
Temos unha enorme
forza: Somos a inmensa maioría, somos quen de parar a produción e non xerar nin
un só euro de beneficios para os explotadores, somos quen producimos toda a
riqueza existente.
Un mundo, unha
Galiza sen traballadores e traballadoras é imposíbel, un mundo, unha Galiza sen
explotadores é necesaria.
O voto coherente
da clase obreira é o voto comunista.
Consulta o noso PROGRAMA.
Visita a nosa nova canle audiovisual.
#TomaPartido