Organizada pola Asociación de Amizade galego cubana "Francisco Villamil" , o xoves, día 31 de outubro, o escritor cubano e autor da bitácora "La pupila insomne", Iroel Sánchez Espinosa, deu unha charla baixo o título "Cuba: mentiras e disidencias", no transcurso da cal presentouse tamén o seu libro "Mentiras y disidencias". Iroel Sánchez é coordinador de Ecured, a enciclopedia colaborativa cubana que vén ser "a wikipedia cubana".
Esta conferencia deuse no marco dunha xira que Iroel Sánchez está facendo polo Estado Español, invitado pola CESC, a Coordinadora Estatal de Solidaridad con Cuba. En Galiza, a parte desta, houbo outra máis o día anterior, mércores, en Vigo, na Casa do Libro.
[Fotos: FORXA!]