Convocadas polos sindicatos de clase, comezou a CGT portuguesa o 27 de xuño, seguiu a USB italiana o 18 de outubro, e agora o 6 de novembro é a PAME en Grecia.

Evidentemente as súas decisións atacan os dereitos conquistados polos traballadores durante decenios de loitas. A Troika aproveita a debilidade do sindicalismo (grazas ás decisións dos sindicatos amarelos coordinados mundialmente pola CSI, Confederación Sindical Internacional) para facer retroceder a loita de clases a etapas de inicios do Século XX. Por iso é necesario que a Folga Xeral se estenda a máis países. Chegará o día en que será unha Folga Xeral europea e despois mundial.