O xornalista Iroel Sánchez estará o 30 e 31 de outubro en Vigo e Santiago, respectivamente, en dúas charlas organizadas pola Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil" e a Coordinadora Estatal de Solidariedade con Cuba (CESC).

A conferencia de Vigo será cuarta feira 30, ás 19,00 na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno 27.

A de Compostela terá lugar quinta feira 31 na Biblioteca Pública “Anxel Casal”, na avenida de Xoan XXIII s/n tamén ás 19,00.
O xornalista Iroel Sánchez falará o XOVES dia 31 ás 19,00 na Biblioteca Pública “Anxel Casal” sobre o novo xornalismo dixital cubano.
No seu libro "Sospechas y Disidencias", recentemente publicado en Cuba, Iroel ironiza sobre os internautas que despois de se proclamar "independentes" non admiten outra posición sobre o seu país que a establecida desde hai 50 anos polo goberno norteamericano.
Iroel Sánchez, xornalista, poeta e enxeñeiro cubano, fundou o coñecido medio dixital "La Jiribilla" e o sitio "La Pupila Insomne", un diario en rede distinguido por escritores e críticos de todo o mundo en razón da súa alta calidade e novedoso estilo.
A conferencia foi organizada pola Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil" e pola Coordinadora Estatal de Solidariedade con Cuba (CESC).
[Fonte: Terra sen amos]