Gran manifestación e concentración de decenas de sindicatos contra a actividade asasina do Amencer Dourado.

As forzas clasistas da PAME responderon ao chamamento emitido por decenas de sindicatos e organizacións do Pireo, concentráronse nunha praza central e a continuación marcharon polas rúas da cidade.
Na primeira liña estaban os sindicatos dos mariñeiros e dos traballadores metalúrxicos.
A próxima concentración foi anunciada para o sábado 21 de setembro pola mañá. Os sindicatos organizarán unha nova concentración debido a que o Amencer Dourado anunciara distribuír naquel día alimentos só aos gregos en Nikea, para verter o seu veleno. “Fóra o Amencer Dourado da terra heroica, ensangrentada de Kokkinia, nin sequera aceptamos auga das súas mans” oíuse na convocatoria mentres que se destacou que a demanda do pobo é que pechen as oficinas da organización asasina en Nikea.