Os traballadores e traballadoras de Navantia e das compañías auxiliares presentes nos estaleiros aprobaron onte, 1 de xullo, en asemblea, dúas novas mobilizacións en demanda de máis ocupación:
- Xoves 4: Marcha a pé polos municipios da ría. Sairá ás 11:30 horas da porta da antiga Bazán e, tras unirse aos obreiros da factoría de Fene, percorrerá Neda e Narón ata regresar de novo a Ferrol, sobre as 17:00 horas.
É recomendábel levar chaleco reflectante e calzado cómodo, alén do xantar.
Está programado realizar paradas en Fene, Xubia e Megasa.
- Xoves 11: Concentración ante o «Adelaide», o único barco en construción na ría, para protestar pola falta de resultados na política comercial de Navantia.
Desde os Comités para a Unidade Obreira (CUO), facemos un chamado á participación nestas mobilizacións.




Sinalamos unha vez máis á Unión Europea dos monopolios como principal culpábel desta dramática situación que se vive na comarca, cunha estratexia orientada á destrución dos sectores públicos para a transformación en novos espazos de acumulación de capital para os monopolios privados.
A destrución de forzas produtivas, o incremento da taxa de explotación, o abaratamento da forza de traballo, a destrución de dereitos laborais e sociais, xunto coa guerra imperialista, son as vías do capitalismo para remontar a súa crise de acumulación a costa das condicións de vida da clase obreira e o conxunto do pobo traballador.
Desde os CUO temos claro que só forzando unha saída revolucionaria fóra das cadeas imperialistas da UE e do euro poderá conseguirse un futuro digno para a clase obreira do sector naval e para o conxunto do pobo traballador, sen vetos nin incompetentes ao mando, mais que si son competentes e eficaces á hora de responder e servir aos intereses do capital monopolista.
Chamamos pois a secundar a marcha do próximo xoves, e encetar o necesario e urxente camiño de unidade e loita obreira contra a Europa dos monopolios e o sistema capitalista quen nada ten que ofrecer ás clases traballadoras máis que sobreexplotación e miseria.
Adiante coa loita dos obreiros e obreiras do naval!