Trátase dun feito que demostra que a Unión Europea e os seus gobernos ante a agudización dos antagonismos entre os estados capitalistas, co fin de servir os seus intereses, deixan de lado calquera pretexto, os protocolos diplomáticos e os tratados internacionais. Os antagonismos, a vixilancia electrónica, a espionaxe dun a outro son tamén aspectos da explotación capitalista, da ditadura dos monopolios que os pobos deben urxentemente derrocar coa súa loita.
Atenas 4/7/2013
A Oficina de Prensa do CC do KKE
Ante a agresión do Goberno español ao Presidente Evo Morales Ayma.

O pretexto para este acto foi un rumor sobre a presenza do disidente norteamericano Edward Snowden no avión Presidencial.
Ante este flagrante atentado e violación do dereito internacional, o PCPE declara:
1. Que a prohibición de voo sobre o espazo aéreo e de realizar escala técnica é unha violación do Dereito Internacional, e puxo en perigo a integridade e vida do Presidente do Estado Plurinacional de Bolivia, Evo Morales Ayma. A actitude dos países que efectuaron tal prohibición só pode cualificarse como un acto de agresión. No caso de España, o atraso inxustificado á hora de autorizar tal voo e escala técnica debe considerarse do mesma xeito.
2. Que os países implicados, entre eles o Reino de España, demostraron o seu carácter indigno e servil fronte aos Estados Unidos de Norteamérica. Máis aínda logo de coñecerse a masiva espionaxe que exerceron os EEUU sobre a UE.
3. A solidariedade dos e das comunistas dos pobos de España co Presidente e o pobo de Bolivia. Igualmente manifestamos o noso apoio a calquera acción política, diplomática ou sobre as empresas españolas en Bolivia que realice o Goberno da nación andina como xusta resposta a unha agresión desta magnitude.
Madrid, 3 de xullo de 2013
Área Internacional do Comité Central