+3.jpg)
Após unha brillante e esclarecedora intervención do historiador norteamericano, que entre outras cousas falou sobre o seu libro "As mentiras de Khrushchev" (de recente publicación en galego e que estivo dispoñíbel no evento), deuse unha interesante quenda de preguntas que podería terse extendido durante horas, posto que o tema deu moito de si.
Ao remate, o profesor Furr efectuou sinatura de exemplares do seu traballo.
Facemos un chamado a participar na conferencia de hoxe, xoves 23, en Ferrol, ás 19:30 horas na Escola Oficial de Idiomas.
Ampliaremos información nos próximos días con máis detalles sobre estas conferencias.
[Fotos: FORXA!]