Traballadores, traballadoras, desempreados, desempreadas, nozos, mozas:

Todos e todas ás manifestacións de PAME o 23 de Maio en todas as cidades.
En Atenas ás 7 p.m. na Praza de Omonia.
As mans fóra dos contratos colectivos!
AQUÍ E AGORA, ASINAR O CONVENIO COLECTIVO NACIONAL
A batalla do contrato colectivo concerne todos os traballadores, os desempgeados, os mozos e mozas.
Estamos pagando moi caro a crise para salvar a rendibilidade do capital. Agora queren que paguemos con máis sacrificios e sangue o rescate da súa rendibilidade. Esixen a abolición do Convenio Colectivo Nacional, é dicir, determinar por decreto o salario fixo mínimo segundo as demandas dos empresarios.
Piden a derrogación dos convenios colectivos ramais e o seu reemprazo cos convenios individuais e empresariais. É dicir que os traballadores en todos os sectores perderán a rede de protección que impoñían os convenios ramais e acabarán a mercé da patronal e os seus desexos. Ao mesmo tempo os empresarios libraranse da presión da loita organizada e da acción dos sindicatos xa que poderán negociar directamente co traballador, empregando como límite o salario mínimo que o goberno estableza por decreto.
Co pretexto do desemprego piden o masacre dos salarios, tendo miras ás novas quendas de traballadores, aos que queren mal pagos e sen ningún dereito.
Por iso atacan aos contratos colectivos, á negociación colectiva. Tratan de deter, obstaculizar as loitas reivindicativas por salarios dignos, pola mellora das condicións da nosa vida.
Non lles importan as nosas necesidades. A actitude dos industriais é provocadora. Chegaron co aire do explotador, do tirano moderno, na reunión recente pola firma do convenio colectivo nacional.
Esixiron que aprendamos a vivir con 500 euros e traballar cantas horas necesitan ao día, sen traballo fixo e permanente. Ameazan, chantaxean e provocan cando din que “non interesa aos traballadores o salario que reciban senón o feito de ter traballo”. Quérennos traballando por migallas, sen ningún dereito, os modernos “Miserables”, buscando alternativas a través dos diferentes programas da Oficina de Desemprego.
Aquí e agora que se converta en demanda universal dos traballadores a firma do convenio colectivo nacional e dos convenios ramais con salarios dignos e dereitos segundo as nosas necesidades. Restablecemiento do salario fixo mínimo aos 751 euros por todos sen ningunha discriminación segundo a idade, como base para a discusión e a negociación de aumentos.
Se non os paramos, a escravitude moderna converterase en realidade!
O pobo traballador debe responder.
A maioría da GSEE (Central Sindical gobernamental e patronal no sector privado) coa súa declaración de que “os argumentos dos empresarios sobre a súa negación a asinar o convenio colectivo nacional son legais e lóxicos”, absolve aos empresarios e oculta que a troika e o goberno son a voz dos empresarios. Estes sindicalistas atópanse na beira oposta. Renunciaron todo tipo de loita.
O desenvolvemento que están soñando está manchado co sangue do masacre dos nosos dereitos e a indixencia do pobo. Os plans para a anulación dos contratos colectivos, dos subsidios, dos bonos e das vacacións, os recortes en salarios e pensións, os despedimentos sen indemnización, os programas de emprego barato para os mozos e os desempregados, son “o combustible” a fin de que os grupos empresariais incrementen a súa rendibilidade.
Queren que traballemos todos por 300 e 400 euros!
Para enfrontar o desemprego propoñen programas con salarios e pagas diarias aínda máis baixas, é dicir de 19.6 euros ao día e salarios de non máis de 490 euros para os traballadores de máis de 25 anos de idade, e 17.1 euros por día e salarios de non máis de 427 euros para os traballadores menores de 25 anos.
Que ninguén fique só.
Somos a maioría que sofre. Temos dereito de vivir con salarios dignos. Temos o poder de impoñer o noso dereito.
Agrupémonos na PAME. Organicémonos nos nosos sindicatos.
Facemos un chamado á clase obreira que non abandone os seus dereitos. Que non renuncie o dereito de traballo a termos fixos, os convenios colectivos. Que tome a súa vida, o seu futuro nas súas propias mans para non vivir en condicións de escravitude moderna.
Que os traballadores fortalezan a súa organización en cada lugar de traballo. Que cambien as correlacións de forza. Que tiren ao lixo o sindicalismo gobernamental e patronal e a súa estratexia no movemento sindical, a todos aqueles que choromican sobre a unidade do movemento obreiro e ao mesmo tempo baixan a cabeza fronte á patronal. Que a clase obreira constrúa a súa unidade sobre bases firmes con obxectivo de cambiar o curso dos acontecementos ata o derrocamento da barbaridade capitalista. Tal unidade necesitamos. DE CLASE!
Todos e todas á concentración de PAME ás 7 p.m. na Praza de Omonia.
[Fonte: PAME]