PAME en solidariedade coas fábricas Peugeot, Citroën e Renault en Francia, e a industria do aceiro en Bélxica.
Solidariedade
cos traballadores das fábricas de Peugeot, Citroën, e de Renault.
1 Febreiro 2013

A PAME, que representa o movemento sindical de Grecia, expresa a súa solidariedade cos traballadores das fábricas de Peugeot, Citroën, e de Renault en Francia, que están en mobilizacións contra os despedimentos.
O exemplo dos traballadores de Peugeot, Citroën, e de Renault, demostra que os traballadores de Francia viven as mesmas esixencias antiobreiras dos empresarios, como ocorre en Grecia.
A vida mesma demostrou que a submisión ás esixencias dos capitalistas só fai que os traballadores sexan máis débiles nas demandas seguintes.
O único camiño que teñen os traballadores, do mundo, é non aceptar ningún sacrificio para as ganancias dos monopolios.
Temos que fortalecer os nosos sindicatos cunha dirección de clase e combativa. Debemos loitar por iso que precisamos hoxe. Por traballo pleno, estábel e digno.
Nesta loita, os folguistas nas fábricas de Peugeot, Citroën, e de Renault en Francia deben saber que o movemento sindical de Grecia está ao seu lado.
Secretariado de Relacións Internacionais
1 Febreiro 2013
A PAME, que representa o movemento sindical de clase de Grecia, expresa a solidariedade cos traballadores da aceiría de Bélxica, que loitan en contra os plans da «Arcelor-Mittal», para o peche de 6 a 7 das súas plantas na rexión de Lieja, algo que conducirá a 1.300 despedimentos.
O exemplo dos traballadores de Bélxica, demostra que os traballadores viven as mesmas esixencias antiobreiras dos empresarios, como ocorre en Grecia.
Nesta loita xusta, os traballadores de Bélxica deben saber que o movemento sindical de clase de Grecia está ao seu lado.
Secretariado de Relacións Internacionais
[Fonte: PAME]