Entrevista coa Secretaria Xeral do CC do KKE,
Aleka Papariga, no periódico “Unidade e Loita”, órgano do CC do PCPE.
Como define o seu Partido a Unión Europea?

O obxectivo estratéxico da Unión Europea desde a
súa fundación foi e segue sendo o fortalecemento e a consolidación dos
monopolios europeos. Por iso, o obxectivo da súa política é sempre a redución
do prezo da forza de traballo co fin de aumentar a competitividade do capital
europeo no mercado internacional.
A crise capitalista en curso demostra aínda máis
claramente que a Unión Europea é unha alianza depredadora imperialista. Os
Estados capitalistas mentres por unha banda coinciden na súa política
reaccionaria contra os pobos, doutra banda están en conflito entre eles sobre o
papel dominante dentro e fóra da UE, sobre quen se cargará o menor dano da
destrución forzada de capitais no marco da superación da crise a favor dos
monopolios. Aínda que coinciden no ataque común contra os pobos, con todo
dispútanse sobre quen logrará maiores beneficios durante a recuperación do
capital nunha fase de rendibilidade. A desigualdade no seu interior e as
contradicións interimperialistas intensas revelan a natureza e o seu carácter
como unión dos monopolios e responden ás análises erróneas de burgueses e
oportunistas que falan de “ocupación”, “colonias”, “centro-periferia” ou “norte-sur”.
Cada paso que se dá cara á profundización da integración capitalista
intensifica as contradicións entre os monopolios de cada país. Posíbelmente, a
UE nos próximos anos non terá a forma actual, enfrontarase á escisión, á
creación de novos eixos e antieixos, signos dos cales se reflicten tamén nas
contradicións que se desenvolven hoxe en día.
Cre que existe algunha posibilidade de reformar a
UE en beneficio dos pobos?
A Unión Europea é unha alianza dos capitalistas. Por esta razón non existe ningunha posibilidade de reformala en beneficio dos pobos. A UE, igual que o capitalismo, non pode ser humana, non pode ser reformada e non pode converterse nunha Europa dos pobos.
A Europa dos pobos existirá só cando os pobos estean no poder, en tantos países como sexa posíbel e especialmente nos máis poderosos, os máis avanzados.

Na súa opinión cales son as principais formas de
loita contra a UE?
Os pobos teñen a solución nas súas mans, na loita co lema “ningún sacrificio para a plutocracia”. Requírese preparación para os grandes conflitos. E isto require un envorco ás correlación de forzas, poñer fin á ilusión de que dentro da UE hai marxe para negociación. En fin, isto significa que practicamente cada un debe tomar unha posición: ou cos monopolios e o seu poder, ou co pobo.

O único xeito de oposición para que se protexan
os pobos é a desobediencia e a indisciplina á UE, a alianza popular e a loita
pola retirada da UE imperialista, pola socialización de todos os monopolios,
polo poder popular e a economía popular. Pero separadamente disto, a promoción
en xeral da demanda da “disolución da UE ou da OTAN” é simplemente un desexo se
non está conectada coa loita pola retirada de todos os países desta. Con todo,
a retirada da UE sen o poder popular significa o regreso do país no réxime que
tiña antes da súa adhesión na CEE e a UE, é dicir mantemento do réxime da
explotación do home polo home. Tal obxectivo non resolve a contradición principal
da nosa sociedade, a contradición entre traballo e capital; nin facilita a
solución desta contradición porque atrapa ás forzas populares no marco do
sistema capitalista.
A solución está na loita polo socialismo. Por
suposto, o socialismo non é unha declaración, un pronunciamento. É a dirección
básica que determina a acción diaria dos comunistas en todos os sectores. Nesta
dirección pódese fortalecer a loita clasista e os comunistas deben xogar un
papel destacado para crear bases sólidas nas fábricas, nos centros de traballo,
fortalecer a unidade clasista da clase obreira, derrotar as forzas da
colaboración clasista no movemento sindical, derrotar o oportunismo e toda
política de xestión.
Pode dicirnos cal é a postura dos demais partidos
gregos con respecto á UE?

Ultimamente, mentres a crise capitalista en
Grecia se está profundando e os antagonismos intercapitalistas se están intensificando,
partidos como SYRIZA, os Gregos Independentes e o Amencer Dourado, ou
representantes individuais de partidos, expresan opinións sobre unha saída
temporal de Grecia da zona euro, mais permanecendo na Unión Europea. Ao mesmo
tempo, no marco dos antagonismos interimperialistas sosteñen que Grecia debe
recorrer a alianzas con Rusia, China ou cos EE.UU. e Israel, expresando
aspiracións de sectores do capital, tanto no noso país como noutros estados da
UE, que teñen os seus propios intereses a unirse a outras alianzas
imperialistas que, por suposto, non teñen nada que ver cos intereses do pobo e
dos traballadores.
Cal é a posición do KKE con respecto ao Partido
da Esquerda Europea?
O Partido da Esquerda Europea (PEE), así como todos os partidos europeos, é unha entidade financiada pola Unión Europea, que desde a súa fundación debe xurar lealdade e obediencia á Unión Europea e aos tratados que reflicten cada vez a estratexia a favor dos monopolios. O Partido da Esquerda Europea e as forzas que participan niso, están comprometidos co seu programa e cos seus estatutos a servir os “valores” da Unión Europea, é dicir a rendibilidade capitalista e a explotación. Promove propostas de xestión e culpa unha ou outra xestión burguesa, pero deixa intacta a vía capitalista de desenvolvemento, a cal defende.

Con todo, o PEE é un mecanismo de mutación dos
partidos comunistas, de subordinación da súa estratexia no marco do sistema
capitalista. A superación da crise no movemento comunista internacional require
a revelación polos partidos comunistas do papel do PEE e a derrota do mesmo e
do oportunismo.
[Fonte: versión en papel do nº 302 de "Unidad y lucha"]