
Ademais dunha asemblea constituínte para que o pobo tivese representación, se suscitan outras demandas: liberdade de reunión, de prensa, de expresión. Pídese tamén educación pública, impostos progresivos, xornada laboral de 8 horas, amnistía de presos políticos etc.
Columnas de
manifestantes saían cedo desde os suburbios de Petrogrado. Portaban crucifixos
e retratos relixiosos para demostrar a súa actitude pacífica. Entoaban himnos
relixiosos e patrióticos como "Deus salve ao Zar", macabro paradoxo. O
Zar Nicolás II abandonara a cidade o día anterior. Todas as columnas tiñan
previsto concentrarse no Pazo de Inverno. Unha das columnas ao chegar ao Arco
do Triunfo de Narva atopábase cara a cara
cos soldados.


No 2013, no marco desta bárbara crise estrutural e sistémica capitalista, centenares
de persoas seguen a manifestarse en Moscú, conmemorando o aniversario do Domingo Sanguento, e en todo o mundo sucedense as mobilizacións e protestas contra o capitalismo agonizante que se atopa na súa fase terminal.*
Os antigos pobos soviéticos
teñen sede de conseguir o que lles pertence, sen esquecer que os dereitos non
se reciben, conquístanse con suor, bágoas e sangue.
No 2013 coma no 1905!*
* Modificación deste párrafo polo tradutor ao galego, por mor da antigüidade do artigo orixinal.
* Modificación deste párrafo polo tradutor ao galego, por mor da antigüidade do artigo orixinal.
Fotos: 1.- Vladimir Makovsky, 1905. 2.- Pintura de Ivan Vladimirov. 3.- Gravado sobre o acontecido no Arco do Triunfo de Narva. 4.- Foto enviada por un colaborador anónimo ao mail de Forxa!
[Fonte: Cultura Bolchevique]