PAME fai un chamado a todos os traballadores e traballadoras a participar masivamente na manifestación do 19 de Decembro.

Mozos
Desempregados e pensionistas
PAME fai un chamado a todos os traballadores, aos desempregados, aos
pensionistas, aos mozos a participar masivamente na manifestación do 19 de
Decembro na praza de Omonia á 1 p.m. e
enviará unha mensaxe decisiva ao goberno, á troika e aos empresarios, afirmando
que :
* Non queremos, e non aceptamos máis, que unha metade non teña
traballo e a outra metade traballe de sol a sol os 365 días do ano, con
salarios de fame, incluídos os Domingos, sen vida persoal e familiar.
* Non queremos e non aceptamos estar no paro, recibir salarios de fame
e ao mesmo tempo ter que pagar os medicamentos, os médicos, moito máis pola
educación, a luz, a auga, o teléfono e os nosos desprazamentos. Todo isto son
necesidades fundamentais e forman parte dos nosos dereitos.
* Non queremos e non podemos permitir que nos expriman continuamente a
través de tributos, gravames con impostos e taxas inxustas. Todos estes
ingresos son devoltos aos monopolios e aos capitalistas, con donacións,
financiamentos, exencións de impostos e doutros xeitos, enriquecéndose a costa
da nosa suor.
* Non queremos e non podemos cambialos, xa que non cambiarán xamais.
Mais deixaremos de ser observadores pasivos do noso masacre. Cada día
organizaremos mellor a nosa loita contra eles. Sabemos que non teñen piedade
connosco e tampouco deixarán de sangrarnos se non os paramos. Porén, iso faremos.
Todos e todas a participar na folga e a manifestación da PAME para que
sexa esta a nosa mensaxe aos que golpean os nosos dereitos e destrúen a nosa
vida.
[Fonte: PAME]