Ás 9:30 horas, coincidindo coa apertura de dilixencias previas por mor da denunciar presentada por delito de tortura.
A Executiva comarcal da CIG ten convocada unha concentración no Pazo de Xustiza de Ferrol o xoves, 20 de decembro, ás 9:30 horas, en apoio ao compañeiro Xesús Anxo López Pintos, citado polo Xulgado para as dilixencias previas que se abren por mor da presentación, no seu momento, dunha denuncia polo delito de torturas.
“A Executiva comarcal da Confederación Intersindical Galega ratificase na posición xa expresada a respecto da nosa intransixente (esta si) defensa do sistema de garantías e liberdades conquista histórica do movemento obreiro. Sen Estado garantista non hai democracia e isto exclúe calquera forma de dano físico ou psicolóxico que se lle poda infrinxir aos/ás detidos/as”.
[Fonte: Avantar]