O ministro israelí de Defensa, Ehud Barak, puxo en marcha a máis de 30.000 soldados para levalos a Gaza. Segundo a última información, máis de 10 camións que transportan tanques e vehículos blindados, estanse desprazando cara á devandita área.
Pola súa banda os gobernos de EE.UU., Alemaña, Gran Bretaña, Francia e Canadá proporcionaron abertamente coartada á agresividade israelí ao culpar por igual ao agresor e ás vítimas.
A FSM denuncia, do xeito máis rotundo posible, os ataques asasinos de Israel contra a banda de Gaza. Unha vez máis a Federación Sindical Mundial non permanece neutral fronte ao descarado masacre actual contra os palestinos que merecen un estado palestino coas fronteiras de 1967 e co seu capital no leste de Xerusalén.
Esta actuación agresiva contra o pobo palestino, que forma parte da xeral escalada de agresividade imperialista no Oriente Medio contra Siria e Irán, ten que acabar xa.
Chamamos ás organizacións sindicais do Mundo a expresar activamente a súa solidariedade coa loita do pobo palestino e a reclamar o final inmediato deste masacre en contra súa.
[Fonte: Federación Sindical Mundial - FSM]
CONCENTRACIÓNS SOLIDARIAS EN GALIZA:
- Vigo, luns 19, 20:30, Farolde Príncipe.
- O Barco de Valdeorras, luns 19, 20:30, frente ao Concello.
- Ferrol, luns 19, 20:30, fronte ao edificio administrativo da Xunta.
- Cangas, luns 19, 20:00, fronte ao Concello.
- Cee, luns 19, 20:30h, praza 8 de Marzo.
[Fonte: Axenda Aberta]