Concentración en apoio á Folga Xeral Europea.

Dando continuidade á iniciativa unitaria do pasado 26 de setembro contra os recortes do capital e por unha Folga Xeral Europea, o colectivo comunista FORXA!, xunto coa CNT e a Asemblea do 15M de Ferrol chaman a unha nova concentración conxunta en apoio á convocatoria de FOLGA XERAL do 14N. Esta concentración será este luns 12 de novembro, ás 20 horas, diante do Edificio da Xunta de Galiza en Ferrol.