
Esiximos a liberación inmediata de todos os detidos, sen excepción. Esiximos o fin inmediato da persecución contra os cinco dirixentes sindicais. Esiximos que os medios de comunicación cesen as calumnias contra os dirixentes da PAME referíndose a “hostilidades” e “ataque terrorista” contra o Ministerio de Defensa.
Os dirixentes da PAME que manteñen recluídos en prisión son:
1. Theodoris Koutras, membro electo da Xunta Directiva do Sindicato do
estaleiro máis grande do país, traballador metalúrxico, responsábel na PAME do
sector do metal, membro da Secretaría Executiva da PAME e membro do Comité
Central do Partido Comunista de Grecia (KKE).
2. Sotiris Poulikogiannis, traballador metalúrxico, presidente do Sindicato do Metal do Pireo e membro da dirección da UIS Metal da FSM.
Cumpriron co seu deber na primeira liña da loita na ocupación do Ministerio de Defensa porque mentres están pechando os Estaleiros en Grecia, o Ministerio e os gobernos de Grecia pagan miles de millóns de euros a Alemaña, EE.UU. e Francia para a construción de buques de guerra.
Esiximos a liberación dos dirixentes sindicais. Apoiamos e expresamos a nosa solidariedade con todos os traballadores e a súa loita xusta.
[Fonte: PAME]