Nova mobilización en apoio a un traballador despedido por secundar a última folga xeral

Hoxe pola tarde decorreu unha nova mobilización en apoio a Alberto, traballador despedido pola empresa Mercadona por exercer o seu dereito a secundar a última folga xeral. Unha vez máis, dúcias de traballadores e traballadoras da comarca mobilizáronse polo interior do Mercadona para exixirlle á empresa a readmisión do compañeiro despedido. Esta vez o centro escollido foi o de San Valentín en Fene. As protestas continuarán, segundo dixo en asemblea Xulio Abelleira, secretario comarcal de CCOO de Ferrol, ata que a empresa readmita ao traballador. 






Imaxes de Forxa!