Non é casualidade que a folga coincidira coa chegada a Grecia da delegación da Troika para preparar, conxuntamente co goberno, unha nova ofensiva contra os traballadores en beneficio do capital. É indicativo que en poucas semanas o empresariado goce de novos subsidios e outros privilexios, coa provocación que supón a cantidade de empresas subvencionadas e a creación de zonas industrial onde agora, por lei, o capital terá completa inmunidade e onde os salarios dos traballadores serán literalmente propinas, ao tempo que os empresarios navais contan con novos privilexios coa liberación total a través da eliminación da cabotaxe.
A folga, e tamén a súa preparación, tivo unha contribución especial, xa que se levou a cabo en solidariedade coa folga dos obreiros do metal. E nas dúas cidades onde se celebrou a folga, foron os traballadores do aceiro de Helliniki Halivourgia (Siderurxias Gregas), onde pecharon as tres fábricas, os que máis se fixeron notar. Isto foi precedido pola folga do 1 de decembro na rexión de Volvos, no sector do metal, onde se abriu unha segunda fronte a exercer toda a presión posíbel contra un empresariado que xa leva máis de 65 despidos na Helliniki Halivourgia. Os folguistas da fábrica de Atenas e o seu sindicato, que pertence á PAME, levan en pé 80 días, presionando aos propietarios da folga, que viron a segunda folga en cinco días. Até agora, a empresa cubriu as súas perdas da folga en Atenas mediante a duplicación da produción nas outras dúas fábricas.
Os obreiros do metal de Volvos, canda todas as forzas de clase da rexión, libraron unha dura batalla e gañaron; con planificación e determinación contra un mecanismo organizado formado pola policía (o xefe de policía desta rexión de Volvos exixiu aos folguistas os seus nomes), burócratas sindicais, mecanismo creba-folgas, os deputados dos partidos burgueses e os medios de comunicación locais, que afirmaron que «a PAME quere pechar as fábricas».
O 12 de xaneiro foi a primeira vez en 24 anos que todas as máquinas da fábrica de Volos deixaron de funcionar. Isto repetiuse o 17 de xaneiro.
Os empresarios estaban tan furiosos que durante a segunda folga pecharon a unha quenda de traballadores e ordenaron a algúns dos seus lacaios que ondearan faixas en que se lían consignas contra a PAME. Malia estas prácticas creba-folgas, o industrial non foi quen de facer funcionar a fábrica.
Temos que mencionar que o GSEE, o Centro de Traballo de Atenas (EKA) e as direccións reformistas participaron hipocritamente na folga no último momento. Porén, foron esas mesmas forzas sindicais do PASOK e da ND os que se opuxeron á folga nas outras dúas factorías de Helliniki Halivourgia, os mesmos que non puxeron un pé na fábrica durante os 80 días de loita, mentres que o día despois da folga declararon que participarían no diálogo social xunto co goberno e os industriais para negociaren a cantidade de traballadores que van ser despedidos.
A postura do sindicato que representa a SYNASPISMOS (un partido na dirección do Partido da Esquerda Europea) na organización sindical que convocou a folga en Volos foi tamén sintomática. Non votaron pola folga, senón que votaron en branco e fixeron a provocadora afirmación de que «as folgas só benefician os empresarios». Coa súa postura –eles realmente votaron contra a folga- os oportunistas negaron a solidariedade activa coa heroica loita de 80 días dos obreiros do aceiro, malia as súas hipócritas chamadas á solidariedade. Na súa pregunta no Parlamento verbo dos “custes laborais”, o líder de SYNASPISMOS, A. Tsipras, aceptou a lóxica do goberno (é dicir, que o salario dos obreiros é un “custe” –un termo que xustifica o asalto do capital contra os salarios, as pensión e tamén os bonos obreiros temporais).
A PAME organizou unha grande manifestación en Atenas en que falaron o presidente sindical na Helliniki Halivourgia, G. Sifonios, e outros cadros da PAME falaron. As forzas con orientación de clase declararon a súa determinación de levaren a cabo unha loita de clases inquebrantábel, continuando a loita en Helliniki Halivourgia, organizando patrullas en todos os barrios obreiros para evitaren cortes do subministro eléctrico a todas as familias da clase obreira e dos estratos populares e intensificaren a loita por unha nova folga xeral.