A Central Unitaria de Trabajadores de Colombia (CUT), denunciou o asasinato de Ligia González, profesora con máis de 30 anos de servizo docente na Comunidade Educativa do Gimnasio Pacífico e afiliada ao Sindicato Único de Trabajadores da Educación del Valle (SUTEV).
Ligia foi tiroteada por sicarios que ían en moto, nunha céntrica rúa de Tulúa, o pasado 6 de novembro.

Un dos máximos responsábeis durante estes últimos anos desta política criminal contra sindicalistas, o ex narcopresidente Álvaro Úribe, recibía hai un ano, de mans dos Príncipes de Asturias, o premio Cortes de Cádiz á Liberdade, pola “súa loita contra o terrorismo”.